POL
Un salto ao baleiro

"Nacín para facer o amor, pero non para facer a guerra"


José Manuel Pol

"O peor foi cando me xubilei.
Saía da casa e non sabía para onde ir.
Triste de verdade."

José Manuel Pol Herbón

Serés, 1931

Nacido nunha pequena aldea de Castroverde (Lugo), José Manuel dedicou a súa vida a ser el mesmo. Empeza como recadeiro e mozo traballando por unhas pesetas. Sendo novo, preséntaselle a oportunidade de formarse como paracaidista sendo parte da 10ª promoción: seis meses en Alcantarilla e dezaoito en Alcalá. Licénciase e queda en Madrid durante 16 anos. Tras a experiencia como paracaidista, Pol exerce de taxista e, conservando o oficio, regresa ao Corgo nos anos 70.

Pol é o artífice dun spot publicitario de Leite Río nun ano Xacobeo ("¡Ai, condenado, lévasme o leite!"), que propuxo a Jesús Lence, dono da compañía lucense, resultando para José Manuel unha experiencia moi positiva. Posteriormente continúa no mundo audiovisual en múltiples producións ("Vinte séculos de noivado") e algún anuncio máis ("Patacas Pereiro, as mellores do mundo enteiro"), participando en todo acto cultural ao que pode asistir.

José Manuel xubílase no ano 1997, o que desencadena nel unha liberación de tempo que non sabe como ocupar. Promove entón o baile no centro sociocultural. Diso deriva a organización de actividades que leva a cabo e que fan de Pol un home ao que todos coñecen.

O Corgo 

42º56'35''N 7º25'51''W

O municipio do Corgo sitúase ao leste, na provincia de Lugo, a 15 km da capital lucense. A súa poboación en 2016 rondaba os 3500 habitantes. Confórmano 38 parroquias, cada unha con 30 habitantes de media, mentres que algunhas como O Corgo ou Fonteita superan os 200.

O Corgo destaca polo seu patrimonio arquitectónico e cultural, onde resalta o Pazo do Xeneral Tella en Adai ou as diferentes celebracións tradicionais. O significado do seu nome está relacionado coa agua, aínda que ten diferentes acepcións en galego. Por este municipio pasa o río Miño, así como outros ríos de menor caudal como o Chamoso.

Ver o capítulo de Pol
VER CAPÍTULO DE POL
X

Pol en ILLADOS Documental

José Manuel reúne baixo o seu nome valores de valentía, persistencia, bondade e amabilidade. Destacado pola súa polifacética vida, Pol vai de paracaidista a taxista e de taxista a actor dedicando toda unha vida ao esforzo e ao traballo. A súa xubilación implica un gran cambio, un parón no seu ritmo frenético que chega da man do sentimento de soidade.

X
Que che di Pol?
Elixe un dos conceptos e ao final do documental poderás ver que representa Pol para a xente