MANUEL
Unha vida baixo a agua

"O mar foi e é a miña vida, éo todo"

Manuel Tajes

Manuel Tajes Sánchez

Camelle, 1952

Manuel, máis coñecido como 'o Rubio de Camelle' nace en Camelle no seo dunha familia humilde. Totalmente ligado ao mar e á Costa da Morte, Manuel perde o seu avó traballando baixo a agua. Marcado pola lembranza que a súa avoa facía do rescate do corpo do seu marido, 'o Rubio de Camelle' decide formarse como buzo profesional.

Mariñeiro e buzo, Manuel cumpre co servizo militar, onde aprende a ler e a escribir. Con 18 anos comeza a formar unha familia numerosa e a mariscar para gañar cartos e loitar pola súa familia. Con oito fillos, Manuel traballa en obras marítimas como buceador. O seu carácter altruista lévao a rescatar máis de 130 cadáveres “sen cobrar un peso” e sempre coas palabras da súa avoa presentes “filliños, non olvidedes que o voso avó e mais eu andivemos pedindo”.

Xubilado no 2013, Manuel adícase a desfrutar da vida. Amante do lecer, asiste a clases de baile de salón e taekwondo. “Onde hai unha bomba aí estou eu”, logo de toda unha vida traballando aposta pola parranda.

Camelle 

43º11'06''N 9º5'25''W

Con apenas 1000 habitantes, Camelle é unha aldea do Concello de Camariñas, no occidente coruñés. Bañada polo Océano Atlántico, Camelle é unha localidade mariñeira e de paso turístico.

Este lugar acadou recoñecemento por un antigo habitante anacoreta chegado de Alemaña: 'Man de Camelle', que faleceu tras o desastre do Prestige. Hoxe en día pódese visitar o espazo onde construía as súas esculturas.

“Eu aí estou no meu, estou no meu mundo. Houbo anos que botaba máis tempo na agua que en terra”


VER CAPÍTULO DO RUBIO

Manuel en ILLADOS Documental

Desbaldidor de alegría e simpatía é un gran representante da bondade e da caridade. Toda unha vida dedicada a axudar en todo o que podía, Manuel Tajes traballou sempre para sacar adiante os seus fillos. A súa experiencia persoal tras o falecemento do seu avó levan a Manuel a formarse como submarinista. Ser buceador nos tempos do 'Rubio' lévao a estar longas horas baixo a agua. A soidade e o illamento que vive Manuel baixo a agua marcan hoxe a personalidade do 'Rubio de Camelle'.

X
Que che di Manuel?
Elixe un dos conceptos e ao final do documental poderás ver que representa Manuel para a xente