A maioría das persoas non o saben pero existen seres únicos
que habitan e poboan recunchos fermosos de toda GALICIA.
Cos seus costumes, o seu traballo e o seu carácter convírtense
no máximo expoñente de aquelo que xa non é tan cotiá
e que é difícil de atopar.
Coma se de pequenos tesouros se tratara, adentrámonos
nun camiño que nos levará ao único, ao especial.
Ao extraordinario.
XENTE
ÚNICA
ESPECIAL
ANÓNIMA
EXTRAORDINARIA
Todos eles teñen en común valores universais, intanxibles, que se identifican cun espacio e un tempo. Descubrimos eses tesouros dispersos por Galicia, facéndoos perdurar na memoria, e os unimos baixo un nome: ILLADOS.


Así nace o metadocumental, un proxecto no que reflectimos
o labor de busca e rescate destas historias...